domingo, 21 de outubro de 2012

Santiago. San Paio de Antealtares. Marco de uma Exposição Xacobea. José Suárez Otero. «As aproximacións ás primitivas estructuras monásticas céntranse de xeito fundamental, senón exclusivamente, na disposición sobre o terreo e sobre todo a súa relación con respecto á tumba apostólica e á súa igrexa…»

jdact

Segundo o texto original. Em língua galega

As Orixes dun Mosteiro
«Chegarse dende a arqueoloxia ás orixes do mosteiro de San Paio de Antealares resulta problemático pela escaseza de información con que contamos, como xa constataron os investigadores que nos precederon, e que deriva das intervencións realizadas por Manuel Chamoso Lamas no subsolo da Catedral (1946-1959) coma nas súas proxìmidades: Quintana (1964). A pesar das limitacións, consideramos útil retomar tódolos datos de que se dispón, muitos dos cales non foron suficientemente tidos en conta, co fin de intenlar reconstruír, senón a forma dos primitivos edificios, polo menos a súa localización e disposición, así coma redebuxa-lo marco no que xorden. Por outra parte, a contribución arqueolóxica, anque pouca, serve de contraste, o que unhas veces será confirmación e outras matización, a unha documentación escrita moi escasa e moitas veces conlusa.
A pouca presencia de restos materiais para a reconstrucción do que en orixe foi mosteiro de San Pedro de Antealtares deriva da súa propia historia, especialmente polo que atinxe á súa relación coa igrexa creada para conte-la tumba apostólica. A proximidade entre as dúas arquitecturas e o crecemento da segunda, xa convertida de feito en igrexa episcopal, levaron o desprazamento do mosteiro e, o que resulta máis significativo aqui, a destrucción das súas estructuras orixinaìs ou simplemente prerfománicas. Feitos que non son máis ca unha imaxe fiel da problemática relación entre dúas institucións que se vem obrigadas a comparti-los contidos simbólicos, así como a proxección socio-económica do "mausoleo" do Apóstolo Santiago. O mosteiro de San Pedro de Antealtares foi concibido na súa fundación como responsable do culto ás reliquias do Apóstolo, para ser progresivamente afastado do corpo santo, primeiro no tocante á función e despois incluso á propia localización, por parte do bispo de Iria e a súa ìgrexa.


Estado da cuestión
Non loron moitos os autores que ofreceron propostas no que ós primitivos edificios de Antealtares se refire. As limitacións que presenta a documentación escrita e a tamén escasa, e non sempre ben entendida, información arqueolóxica fixeron que este mosteiro pasase case desapercibido, ainda reconecendo a súa relevancia nas orixes do culto xacobeo, fronte a outras arquitecturas, como a igrexa de Santiago ou a de Santa María da Corticela, que chegaron a se converter así en relerente interpretativo do primeiro urbanismo compostelán.
As aproximacións ás primitivas estructuras monásticas céntranse de xeito fundamental, senón exclusivamente, na disposición sobre o terreo e sobre todo a súa relación con respecto á tumba apostólica e á súa igrexa, debido á inexistencia de descricións ou evidencias materiais da configuración daquelas estructuras. Así, e a pesar da xeral aceptación dunha localización dos edificios monásticos na área oriental inmediata á tumba apostólica, atopamos basicamente dúas posturas distintas ahora de defini-la relación entre esas arquitecturas. A primeira, propia dos autores que seguen exclusivamente as lontes escritas, entende o mosteiro como unha entidade plenamente diferenciada do conxunto martirial: o núcleo orixinal de Compostela entendido como agregación de edificios de diferente contido. A segunda, que ten máis en conta as evidencias arqueolóxicas xurdidas do subsolo da Catedral, aposta por unha maior imbricación das distintas arquitecturas que se xustaponen nun conxunto que se manifesta unitarlo a pesar da diversidade dos seus componentes: formación do urbanismo primitivo de Compostela a partir dun complexo monástico-martirial». In José Manuel Garcia Iglésias, José Suárez Otero, Santiago, San Paio de Antealtares, Xunta de Galicia, 1999, Xacobeo’99, ISBN 84-453-2445-4.

Cortesia de Xunta de Galicia/JDACT