Segundo o texto original. Em língua galega
As Orixes dun Mosteiro
«Chegarse dende a arqueoloxia ás orixes do mosteiro de San Paio de
Antealares resulta problemático pela escaseza de información con que contamos,
como xa constataron os investigadores que nos precederon, e que deriva das
intervencións realizadas por Manuel Chamoso Lamas no subsolo da Catedral
(1946-1959) coma nas súas proxìmidades: Quintana (1964). A pesar das
limitacións, consideramos útil retomar tódolos datos de que se dispón, muitos
dos cales non foron suficientemente tidos en conta, co fin de intenlar
reconstruír, senón a forma dos primitivos edificios, polo menos a súa localización
e disposición, así coma redebuxa-lo marco no que xorden. Por outra parte, a
contribución arqueolóxica, anque pouca, serve de contraste, o que unhas veces
será confirmación e outras matización, a unha documentación escrita moi escasa
e moitas veces conlusa.
A pouca presencia de restos materiais para a reconstrucción do que en
orixe foi mosteiro de San Pedro de Antealtares deriva da súa propia historia,
especialmente polo que atinxe á súa relación coa igrexa creada para conte-la
tumba apostólica. A proximidade entre as dúas arquitecturas e o crecemento da
segunda, xa convertida de feito en igrexa episcopal, levaron o desprazamento do
mosteiro e, o que resulta máis significativo aqui, a destrucción das súas
estructuras orixinaìs ou simplemente prerfománicas. Feitos que non son máis ca
unha imaxe fiel da problemática relación entre dúas institucións que se vem obrigadas
a comparti-los contidos simbólicos, así como a proxección socio-económica do "mausoleo"
do Apóstolo Santiago. O mosteiro de San Pedro de Antealtares foi concibido na
súa fundación como responsable do culto ás reliquias do Apóstolo, para ser
progresivamente afastado do corpo santo, primeiro no tocante á función e
despois incluso á propia localización, por parte do bispo de Iria e a súa
ìgrexa.
Estado da cuestión
Non loron moitos os autores que ofreceron propostas no que ós primitivos
edificios de Antealtares se refire. As limitacións que presenta a documentación
escrita e a tamén escasa, e non sempre ben entendida, información arqueolóxica
fixeron que este mosteiro pasase case desapercibido, ainda reconecendo a súa
relevancia nas orixes do culto xacobeo, fronte a outras arquitecturas, como a
igrexa de Santiago ou a de Santa María da Corticela, que chegaron a se converter
así en relerente interpretativo do primeiro urbanismo compostelán.
As aproximacións ás primitivas estructuras monásticas céntranse de
xeito fundamental, senón exclusivamente, na disposición sobre o terreo e sobre
todo a súa relación con respecto á tumba apostólica e á súa igrexa, debido á
inexistencia de descricións ou evidencias materiais da configuración daquelas
estructuras. Así, e a pesar da xeral aceptación dunha localización dos
edificios monásticos na área oriental inmediata á tumba apostólica, atopamos
basicamente dúas posturas distintas ahora de defini-la relación entre esas
arquitecturas. A primeira, propia dos autores que seguen exclusivamente as
lontes escritas, entende o mosteiro como unha entidade plenamente diferenciada
do conxunto martirial: o núcleo orixinal de Compostela entendido como
agregación de edificios de diferente contido. A segunda, que ten máis en conta
as evidencias arqueolóxicas xurdidas do subsolo da Catedral, aposta por unha
maior imbricación das distintas arquitecturas que se xustaponen nun conxunto
que se manifesta unitarlo a pesar da diversidade dos seus componentes:
formación do urbanismo primitivo de Compostela a partir dun complexo
monástico-martirial». In José Manuel Garcia Iglésias, José Suárez Otero, Santiago,
San Paio de Antealtares, Xunta de Galicia, 1999, Xacobeo’99, ISBN
84-453-2445-4.
Cortesia de Xunta de Galicia/JDACT