Primitivo muro de cimentacíon do deambulatorio.
Catedral de Santiago de Compostela
jdact
A Idade Media
«A historia de San Paio de Antealtares, presente en
Santiago dende a creacion da cidade, ten duas etapas claramente diferenciadas:
unha primeira na Idade Media como mosteiro masculino e outra dende 1499 como
mosteiro feminino.
O mosteiro masculino de Antealtares fundado no reinado de Afonso II o
Casto despois da descuberta do sepulcro de Santiago, que se pode datar, segundo
Lopez Alsina, na decada de 820-830, e xa dende enton está totalmente unido o
culto xacobeo por canto nace para asegura-la custodia do sepulcro e celebra-los
oficios divinos no templo de Santiago.
A primeira comunidade, formada por doce monxes e o abade Ildefredo,
recibe de Afonso II un territorio, o solar de Antealtares, que linda
practicamente coa igrexa de Santiago, onde se constrúe a primitiva igrexa do
cenobio, o leste da do Apostolo, con tres altares consagrados respectivamente o
Salvador, San Pedro e San Xoán Apóstolo. Pola sua posicion respecto ás igrexas de
Santiago e de San Xoán, o baptisterio orixinariamente exento levantado preto da
igrexa de Santiago, e pola posicion dos seus dous altares, o mosteiro chamouse
de Antealtares.
A sua primeira advocacion, pola contra, non é a de San Paio, senón a de
San Pedro. O cambio prodúcese, segundo Lopez Ferreiro, entre 1130-1150 -aínda
que outros sitúano no ano 1152, debido ó culto que dende finais do século X se
profesaba a San Paio, sobriño de Hermoxio, bispo de Tui. No ano 925 o mozo Paio
sofre martirio en Córdoba por orde de Abderramán III e a sua historia coñece
unha importante difusion dende mediados do século X. O seu corpo trasladárono
primeiro a Leon no ano 967 e máis tarde a Oviedo, onde estaba no 999.
Antealtares adquire de contado un notable prestixio, superior ó de San
Martiño e San Xoán, ó tempo que se afianza economicamente. Dada a súa funcion,
o seu primeiro sustento material baséase no dereito que se lle concede de
percibi-la metade das esmolas ofrecidas polos peregrinos ante o altar de Santiago,
pero axiña comezam a se anexionar outros mosteiros e a recibir doazóns de reis,
bispos e laicos, moi cuantiosas xa dende mediados do século IX, o que vai dar
lugar á formación, ó longo da Idade Media, dun dominio moi disperso por toda
Galicia.
Concordia de Antealtares. Compostela, 17 de Agosto de 1077 (traslado
notarial de 1435)
jdact
No século X, de importante crecemento, aparece á fronte do mosteiro un
dos seus abades máis famosos, San Pedro de Mezonzo, a quen chamaron cara ó ano
970 á abadía de San Paio dendê, segundo López Ferreiro, a de Sobrado. No ano
985, co apoio de Bermudo II, converteuse en bispo de Santiago, e dendê a sé
episcopalnon deixou de se interesar por San Paio, xa que decisións coma a de
unir Antealtares, no ano 990, ó mosteiro de San Estevo de Boiro e as súas
propiedades así o fan saber.
No século XI aparece outro dos egrexios abades de San Paio, San Faxildo,
abade polo menos dende 1063, home notable no seu tempo e colaborador de Sancho
II na restauración das igrexas galegas. Resúlta-nos máis coñecido por se-lo
asinante dunha concordia co bispo de Santiago, Diego Peláez, no ano 1077. A
coñecida como Concordia de Antealtares recolle as referencias máis antigas ós
feitos que rodearon a descuberta da tumba e nela descríbense as primeiras
disposicions sobre a primitiva organizacrón eclesiástica e, polo tanto, tamén
sobre a fundacion de Antealtares.
O motivo desta concordia esta nas desavinzas que xurdiran entre o bispo
e o mosteiro ante as obras de engrandecemento da Catedral, proxectadas por
Diego Peláez ó ocupa-la sé no ano 1070. Estas obras xa obrigaran a derruba-la
igrexa no período 1073-1074 e construír outra con catro altares dedicados a San
Pedro, Santo Tomás, San Nicolás e San Paio. A igrexa derrubada xa non era a
primeira que se construíra no século IX. Unha segunda construcción, máis ampla,
producírase a finais do século IX, en época do bispo Sisnado, e esta reconstruíuse
cara o ano 1000». In Concepción Burgo Lopez, Idade Média, Mosteiro de San Paio de Antealtares, Santiago de
Comppostela, V Centenário da Fundación, 1499-1999, Xacobeo 99, Galicia, ISBN
84-453-2445-4.
Cortesia de Xunta de Galicia/JDACT