domingo, 13 de janeiro de 2013

Santiago. San Paio de Antealtares. Xunta de Galicia. Concepción B. López. «A igrexa derrubada xa non era a primeira que se construíra no século IX. Unha segunda construcción, máis ampla, producírase a finais do século IX, en época do bispo Sisnado, e esta reconstruíuse cara ó ano 1000»

Primitivo muro de cimentacíon do deambulatorio.
Catedral de Santiago de Compostela
jdact

A Idade Media
«A historia de San Paio de Antealtares, presente en Santiago dende a creacion da cidade, ten duas etapas claramente diferenciadas: unha primeira na Idade Media como mosteiro masculino e outra dende 1499 como mosteiro feminino.
O mosteiro masculino de Antealtares fundado no reinado de Afonso II o Casto despois da descuberta do sepulcro de Santiago, que se pode datar, segundo Lopez Alsina, na decada de 820-830, e xa dende enton está totalmente unido o culto xacobeo por canto nace para asegura-la custodia do sepulcro e celebra-los oficios divinos no templo de Santiago.
A primeira comunidade, formada por doce monxes e o abade Ildefredo, recibe de Afonso II un territorio, o solar de Antealtares, que linda practicamente coa igrexa de Santiago, onde se constrúe a primitiva igrexa do cenobio, o leste da do Apostolo, con tres altares consagrados respectivamente o Salvador, San Pedro e San Xoán Apóstolo. Pola sua posicion respecto ás igrexas de Santiago e de San Xoán, o baptisterio orixinariamente exento levantado preto da igrexa de Santiago, e pola posicion dos seus dous altares, o mosteiro chamouse de Antealtares.
A sua primeira advocacion, pola contra, non é a de San Paio, senón a de San Pedro. O cambio prodúcese, segundo Lopez Ferreiro, entre 1130-1150 -aínda que outros sitúano no ano 1152, debido ó culto que dende finais do século X se profesaba a San Paio, sobriño de Hermoxio, bispo de Tui. No ano 925 o mozo Paio sofre martirio en Córdoba por orde de Abderramán III e a sua historia coñece unha importante difusion dende mediados do século X. O seu corpo trasladárono primeiro a Leon no ano 967 e máis tarde a Oviedo, onde estaba no 999.
Antealtares adquire de contado un notable prestixio, superior ó de San Martiño e San Xoán, ó tempo que se afianza economicamente. Dada a súa funcion, o seu primeiro sustento material baséase no dereito que se lle concede de percibi-la metade das esmolas ofrecidas polos peregrinos ante o altar de Santiago, pero axiña comezam a se anexionar outros mosteiros e a recibir doazóns de reis, bispos e laicos, moi cuantiosas xa dende mediados do século IX, o que vai dar lugar á formación, ó longo da Idade Media, dun dominio moi disperso por toda Galicia.

Concordia de Antealtares. Compostela, 17 de Agosto de 1077 (traslado notarial de 1435)
jdact

No século X, de importante crecemento, aparece á fronte do mosteiro un dos seus abades máis famosos, San Pedro de Mezonzo, a quen chamaron cara ó ano 970 á abadía de San Paio dendê, segundo López Ferreiro, a de Sobrado. No ano 985, co apoio de Bermudo II, converteuse en bispo de Santiago, e dendê a sé episcopalnon deixou de se interesar por San Paio, xa que decisións coma a de unir Antealtares, no ano 990, ó mosteiro de San Estevo de Boiro e as súas propiedades así o fan saber.
No século XI aparece outro dos egrexios abades de San Paio, San Faxildo, abade polo menos dende 1063, home notable no seu tempo e colaborador de Sancho II na restauración das igrexas galegas. Resúlta-nos máis coñecido por se-lo asinante dunha concordia co bispo de Santiago, Diego Peláez, no ano 1077. A coñecida como Concordia de Antealtares recolle as referencias máis antigas ós feitos que rodearon a descuberta da tumba e nela descríbense as primeiras disposicions sobre a primitiva organizacrón eclesiástica e, polo tanto, tamén sobre a fundacion de Antealtares.
O motivo desta concordia esta nas desavinzas que xurdiran entre o bispo e o mosteiro ante as obras de engrandecemento da Catedral, proxectadas por Diego Peláez ó ocupa-la sé no ano 1070. Estas obras xa obrigaran a derruba-la igrexa no período 1073-1074 e construír outra con catro altares dedicados a San Pedro, Santo Tomás, San Nicolás e San Paio. A igrexa derrubada xa non era a primeira que se construíra no século IX. Unha segunda construcción, máis ampla, producírase a finais do século IX, en época do bispo Sisnado, e esta reconstruíuse cara o ano 1000». In Concepción Burgo Lopez, Idade Média, Mosteiro  de San Paio de Antealtares, Santiago de Comppostela, V Centenário da Fundación, 1499-1999, Xacobeo 99, Galicia, ISBN 84-453-2445-4.

Cortesia de Xunta de Galicia/JDACT